Ola son Amelia Carballa, socióloga especializada na intervención directa con persoas. A miña experiencia laboral está enfocada cara a intervención social.
Ao longo deste tempo traballei con diversos colectivos, enriquecéndome tanto persoal como profesionalmente. Desenvolvinme en direferentes postos, moi interrelacionados entre sí, dentro da área de emprego e formación: Orientadora Laboral, Prospectora, Titora, Formadora, Preparadora Laboral, Consultora e Técnica de formación.
No que ten que ver coa miña experiencia profesional como Orientadora Laboral traballaei na xestión integral de Programas Integrados de Emprego (asociacións, fundacións, ong´s, consultoras de formación e entidades públicas) e coa axenda de Orientación da Xunta de Galicia (IOBE), tendo un importante volume de asesoramento profesional e laboral, acompañado dunhas altas porcentaxes de insercións laborais.
Dentro do ámbito da Consultoría realicei diferentes funcións entre as que destaco:
- Intermediación e prospección laboral.
-
Docencia de accións formativas relacionadas co emprego (técnicas de
búsqueda de emprego, habilidades sociolaborais, competencias chave,
entrevista de traballo e informática para o emprego 2.0)
- Convenios
de colaboración con empresas, mediante prácticas non laborais e
compromisos de contratación, tendo relación directa con elas en todo o
territorio español.
- Xestión de subvencións.
- Estudos sociolóxicos diversos
Eu véxome así |
Considérome unha persoa dinámica, metódica e que gosta de coidar ao detalle todo o que me propoño facer. Como creo na formación continua ao longo da vida, sobre todo sabendo que vivimos nuha sociedade cambiante, sigo a formarme e traballar no eido da consultoría e asesoramento profesional. Agora reciclándome co Posgrado Orientación Laboral Aberta do CIXUG.
Déixovos unha das miñas cancións de cabeceira:

No hay comentarios:
Publicar un comentario